
Na súa longa traxectoria, o artista realizou exposicions por Galicia, Illas Canarias, Baleares, e nos últimos anosen Portugal, onde goza de ampla popularidade, da man do seu marchante, o portugués Carlos Antonio Amador Soeiro.
Realista, cun toque romántico, e outras de realismo máxico, destaca como retratista e na súa faceta costumbrista, reflectindo a vida do mar, as costumes e tarefas da terra (neste momento anda a traballar na vendima), ou as festas populares, coma a da reconquista de Vigo, que podemos ver nesta exposición.

A cerería "Festa da Reconquista en Vigo"
Levoulle máis dun ano a Xavier Lemos Godoy dar vida a unha vella idea: pinta-la ría de Vigo reflexando a actividade económica e cultural de toda a zona, dende a praia ós barcos veleiros. Aquela idea transformouse por fin nun monumental tríptico de 14m x 1,40m sobre a Batalla de Rande. Un dos principais valores do óleo e o seu indiscutible valor didáctico, xa que se divide en tres partes, que corresponden a cada etapa da batalla: a entrada das tropas francesas na bahía de Baiona, os desembarcos en cabo estai, a illa de toralla e a zona de alcabre e por fín a Batalla coas embarcacións ardendo e con persoas na explanada de San Simón.

Batalla de Rande
Hoxe ten unha escola de pintura onde ensina os seus alumnos todo o que él aprendeu e as mellores técnicas.
Quen esté interesado nalgunha das suas obras ou quera poñerse en contacto, poden vir por COMERCI@RTE ou enviar un e-mail a comerciarte.vigo@gmail.com.