Les damos la bienvenida a la galería del artista

Una idea innovadora en unas galerías comerciales GALERIAS GRAN VIA 176 (zona traviesas) en la que existen una gran variedad de comercios que se unen por una causa común
FOMENTAR EL COMERCIO AYUDANDO AL ARTE

Han decidido crear una galería de arte para pintores cediendo un pequeño espacio de sus escaparates para integrar el arte con sus artículos.

Cada mes expone sus obras de arte un pintor conocido de la ciudad o comarca.







Entrada a las galerías

jueves, 3 de diciembre de 2009

MES DEL PINTOR XAVIER LEMOS GODOY ( 14 Dic 09 a 14 Ene 10 )

Xavier Lemos Godoy (Vigo, 1944) é un pintor de longa traxectoria e cun amplo abano pictórico, debido ó seu grande coñecemento de tódalas técnicas pictóricas. Destacan varias etapas na súa carreira, dende a liña realista-costumbrista ata a surrealista, pasando polo arte fantástico, ademáis da súa grande fama como retratista (o retrato realizado ó papa Juan Pablo II, ó rey Don. Juan Carlos, etc...).De Lemos pódese dicir que vén ó mundo coa pintura debaixo do brazo, pois é fillo de finado e non suficientemente lembrado Ángel Lemos, emigrado a Arxentina,e moi coñecido nese pais. Estaba decidido a ser pintor como o seu pai, e, a través dunha pintora arxentina, ingresou na Escola de Belas Artes, onde coñeceu a grandes mestres coma Castagnino, Orozco ou o muralista Sequeiros, que deixaron grande pegada nel. Lemos saltou a fama a principios dos setenta cando se celebraba en Bouzas a World Fishing. Antes de inaugurarse este evento internacional, o soñador vigués saltou a barreira de protección cos seus cadros e ocupou o primeiro stand sen autorización dos organizadores. Neste espacio colgou os seus traballos que mostraban a vida e costumes dos mariñeiros e as casas do Berbés. Foi o primeiro stand visitado polas autoridades, feito que orixinou comentarios de todolos medios: "Un polizón a bordo de la Feria Mundial de la Pesca", titulaba el Pueblo Gallego.

Na súa longa traxectoria, o artista realizou exposicions por Galicia, Illas Canarias, Baleares, e nos últimos anosen Portugal, onde goza de ampla popularidade, da man do seu marchante, o portugués Carlos Antonio Amador Soeiro.

Realista, cun toque romántico, e outras de realismo máxico, destaca como retratista e na súa faceta costumbrista, reflectindo a vida do mar, as costumes e tarefas da terra (neste momento anda a traballar na vendima), ou as festas populares, coma a da reconquista de Vigo, que podemos ver nesta exposición.




       A cerería "Festa da Reconquista en Vigo"


Levoulle máis dun ano a Xavier Lemos Godoy dar vida a unha vella idea: pinta-la ría de Vigo reflexando a actividade económica e cultural de toda a zona, dende a praia ós barcos veleiros. Aquela idea transformouse por fin nun monumental tríptico de 14m x 1,40m sobre a Batalla de Rande. Un dos principais valores do óleo e o seu indiscutible valor didáctico, xa que se divide en tres partes, que corresponden a cada etapa da batalla: a entrada das tropas francesas na bahía de Baiona, os desembarcos en cabo estai, a illa de toralla e a zona de alcabre e por fín a Batalla coas embarcacións ardendo e con persoas na explanada de San Simón.





                                                           Batalla de Rande


Hoxe ten unha escola de pintura onde ensina os seus alumnos todo o que él aprendeu e as mellores técnicas.

Quen esté interesado nalgunha das suas obras ou quera poñerse en contacto, poden vir por COMERCI@RTE ou enviar un e-mail a comerciarte.vigo@gmail.com.

2 comentarios:

  1. EXCELENTES CUADROS CON MUCHO REALISMO SON DE GUSTO BRILLANTE.
    QUISIERA VER MÁS AÚN DEL MAR.

    GRACIAS XAVIER

    ResponderEliminar
  2. Desde pequeña me di cuenta que eras el mejor profesor y pintor de todos, todo lo que aprendí lo aprendí de tí.Gracias Xavier y enorabuena.
    No necesito firmar tu sabes quien soy.

    ResponderEliminar

Dejen sus opiniones, críticas constructivas, comentarios o sugerencias para poder mejorar día a día y hacer este evento mas acorde a lo que ustedes les gustara que fuera.
Gracias por su aportación.
Esperamos complacerles con todo lo que hagamos.